A Xunta solicita á Secretaría de Estado de Turismo a paralización da nova norma de rexistro de viaxeiros
A Xunta demanda que a adaptación da normativa se consensúe co sector e que os datos solicitados aos viaxeiros non se incrementen.
O Goberno galego, a través de Turismo de Galicia, ven de solicitar á Secretaría de Estado de Turismo a paralización do Real Decreto 933/2021, de 27 de outubro de 2021, relativo ao rexistro de documental de viaxeiros que deben levar os establecementos turísticos. A nova normativa ía entrar en vigor a partir do 27 de abril, pero o rexeitamento do sector turístico suscitou unha moratoria da entrada en vigor ata o vindeiro 1 de xaneiro de 2023, unha oposición coa que a Xunta está totalmente aliñada.