logo

Expresións e frases feitas Morracenses

Contenido original de http://disionariomorrasense.blogspot.com/

A
Abrir a uña: dise cando as nécoras están cheíñas,a reventar, listas pa comer, ricas ricas. Tamén cando unha rapaza ten un bo corpo, está boa.

A maso: Dise daquilo que hai en ambundansia: «Mimá, fun o sábado ó heli e había chavalitas a maso».

A espesas, Sinónimo de «a maso». «Fun ó Thays, había churris a espesas!!!!!»

A monte feise ou a montafeis: desordenado, uns por riba doutros. Por exemplo: «non deixes a roupa a montafeis que tua nai vaiche dar un berro»

A piñon: Sinónimo de «a maso» «Había uns no aterrado que compraron calsonsillos a piñón»

Apaneche: este expresión pode ser que a utilizasen os mariñeiros cando comían de rancho todos da mesma pota

Andar a jalorchar: poñer os zapatos / zapatillas sin atar atras na zona do talón. Ver jalorchos no disionario

Andar ás areixas: que anda buscando compaña, mozeando, ou que anda despistado, que anda ós paxaros

Andar coma un «vidrines»: andar a toda leche, ou simplemente «andar a toda»

Andar ás minchas: estar aparvado «que!! andamos as minchas ou que?»

Andar ás ruchas: estar sen cartos «non podo pagharche que estou ás ruchas»

Andar á corredera: escapar cando che van a dar unhas surras «como toques iso vas a andar a corredera un mes jalopín!»

Arrós pos pitos e verde pas vacas: cando aljén come leituja «hai estás a régimen Laruca, Arrós pos pitos e verde pas vacas!»

Arrós pos pitos e merda pos señoritos: aplicable a jodechinchos

Arriar o coche: expresión que se usa para aparcar. Ver atracar «Merda! hai aterrado e non teño onde arriar o coche para ir u ontamiento!!»

B
Botar as nasas: Ligar

C
Cajar por un e faser sopas: cando algo te ten superado, cando traballaches moito e estás valdado, cando che empregou moito esforzo, físico ou mental levalo a cabo.

Chalanas á ría: Dise do acto de faser sopas. Un exemplo didáctico sería situarnos mentalmente nun furancho, cunha típica ensalada avinaghrada chea de aseite ate arriba, entón Jurmesindo abrindo a veda dí «chalanas a ría!!», e acto seghido enjancha un bo pedaso de pan e enchoupao no mollo sobrante da ensalada (todos o siguen, posto que sería de mala educación non emulalo).

D
Da frente a passareta, pra que o demo non ma meta: Acompañado do signo da crus, o seu significado é obvio. Da sona de Meira

Dar unhas freghas: aliviar ás dores de barrigha.

Dar unhas triscas: iso que che fasían de pequeno (e non tanto) cando liabas alghunha trasnada»ven paquí rapás que vas a levar unhas triscas que has de quedar fino»

Dende a cona ata a frente, pa que o demo non me tente: dito da sona de Ardán

Dises tí: Expresión utilisada para amosar desacordo co que outro acaba de disir. Pronúnsiase adespasio e cun pouco de chulería, separando as sílabas á maneira canguesa. A repetisión desta expresión indica maior ghrado de desacordo:
«- Este ano vai ghañar a ligha o Madrí.

  • Dises ti, dises ti».

E
Eeeeeeeeeeee: Pronuciar en «pronunciado» ascenso. Saudo típico da Avenida (Zona Clip, Electra) cando alghún malote acelera o seu coche tuneado. O pronunciado ascenso do berro é inversamente proporcional á intelixencia de quen o poroduce.

Estar á capa: Estar a refuxio da chuva.

Estar como unha quenlla: estar delgado/a «estás como unha quenlla, rapasa»

F
Faser a mojanja: Botarlle teatro esaxerando a dor cando che dan unha patada no Keniata. «Ese está fasendo a mojanja, árbitro!» Der.: Mojanjeiro.

Faser a jodalla: Se un día non ibas á escola, non por estar enfermo ou por causa xustificada, senon porque directamente escapabas ou a saltabas, dicíase: » vou facer a JODALLA»

Faser as cousas a barrer: faser as cousas rápido

Faser jasolina: ir á jasolinera máis cercana a encher o deposito de gasolina do vehículo «se non fagho jasolina non chejo ata a costa do cuco»

Faser maghas: 1. utilísase pa cando rompemos con algho ou rematamos con algho «has de quedar sen coche, heino de faser majas!!» 2. Dise de aquela persoa que ten éxito no seu campo «o barselona do ano pasado fixo maghas na ligha!!»

Falar boberias: Dicir cousas que non son certas ou ben, que non veñen a conto. «quí falas ehí boberías!?»

Fala de Oferta: Peor que o clásico fala barato. Este todo o que fala e pa disir unha papostiada, ou simplemente non estar calado

Fillo de porta aberta: nome que resibe a persona que sempre ten a porta da habitasion ou casa aberta de par en par. Sin. Madrileño. «o vesiño é un fillo de porta aberta, míraselle todo ó cambiarse no baño»

Franco de ría: expresión que se usa como sinónimo de rascar os guevos: veña manolo, este fin de semana tes franco de ría.

Frejas de unto vivo: facer o amor (barrija con barrija, unto con unto)

H
Hai misa?: dise cando alguén ten a petrina aberta

I
Ir á muma: ir durmir.

Ir a peniche por tierra: En Beluso, cando te queren mandar a buscar un imposible, cando non te queren escoitar, ou simplemente te queren mandar lonxe ou directamente á merda, pero delicadamente, dinche: «Vai a Peniche por tierra». Tería sentido se Peniche fóra unha illa (que o é , pero en Cuba ¿Conexión Morraso Cuba?).

Ir cajar á de Ojea: Cando alguén come moito e leva unha boa enchenta di: «comín tanto que vou ir cajar á de Ojea».
Ir(selle) as carnes: estar enfermo e ir empeorando pouco a pouco, moi utilisada polas vellas morrasenses. «Eu notaba como se lle ían as carnes e el non queria ir ó médico!»

Ir a tomar mate por bombín: No canto de mandar a un, a o actual «vai tomar polo cú», máis suave pero igual de contundente, resulta: » vai a tomar mate por bombín».

Ir de ahí boca de salabardo: Cando alguén quere dicir algo comprometido que non deben escoitar os que andan próximos, e no canto de dicilo en baixiño o vocifera porque non sabe ou o seu tono de voz non llo permite, sóese dicir: «Anda, vaite de ahí boca de salabardo». SALABARDO: Aparello de pesca coma un saco, cunha ampla entrada onde as capturas quedan presas no fondo

Ir chorar a Cangas: q se lle di á xente cando é unha pidichona.

Ir ó corso: Roubar froita nas fincas alleas. Tamén se dí: «ir a corsada».

Ir ó pueblo: Ir a Cangas «vou ó pueblo que hai aterrado, Virtudes»

Ir tirar ó carné: En Cangas non aprobamos, nin sacamos ós DNI ou carnés de condusir… tirámolo.

Ir vender a cabuxa: q se lle di ós nenos cando están a chorar para que paren.

M
Mala chispa te coma: expresión para maldisir, por exemplo cando rompes o carallo do floreiro co balón que xa me diras ti que carallo fasía eilí. «Mala chispa te coma neno, sen paja ata pajar o florero!!»

«-Mamá abúrrome
-afórcate» : o que che di a tua nai cando un se aburre

«Mamá teño sede
-mexa na man e bebe» : o que che di a tua nai cando un ten sede

Menos ruido que a casa é baixa: Para mandarlle calar a alguen que está a falar moi alto

Mexei e acordei: cando reflexionas sobre aljo q sabes q fixeras mal ou equivocadamente «pidín unha chervi, ós sinco minutos mexei e acordei! eu prefería un chupito de maribrizar». Mexar para cambiar de pareser: «cabreáronse comigho, pero xa mexarán»

Micajonacorona: Expresión de raiba extrema, enfado ou fatalidade, actuando como abreviatura de «Micajonacorona de España». «Micajonacorona como te colla bouche poñer o cu quente»

Mimá/Mimadriña: expresión de sorpresa, asombro ou resignación «mimá como a liei!/mimá que wapo!»

Moito barco para pouco patrón: Home vello con muller nova cachonda.

Montar a riquiola, tamén se dí a cabaleiro: É cando un rapas xa non pode andar ou quere ghoder o pai, dille «papa lévame a riquiola»

Morreu o demo, acabouse a peseta: Esta expresión vén de cando había representacións de títeres na praza do costal. A función custaba unha peseta,e ao final cando mataban ao malo dicíase esta frase.

N
Non peneirarse: non pisparse de nada, andar perdido nunha latricada

Non estar católico: estar enfermo ‘Hox non me topo ben, non estou nada católico’.

Non te astrevas: vamos que non se lle ocurra «non te astrevas a reformar a casa ou denúnsiote»

O
Oigha!: no Morraso no se di «ola», nin «qué hai», dise «oigha», supoño que para asegurarse un de que o outro nos oe ben. Tamén é moi tradicional o saúdo co nome de pila. Así quedaría por tanto un saludo típico canghés: “Manolo!” e o outro respondería “Oigha!”. Variantes deste saúdo son «Ois!», «Isihome!» ou «Que!»

O nome dos dedos: do máis pequeno ó jordo: maumiño, sobriño, pai de todos, furabolos e matapiollos.

Os ferros: úsase para destacar que na plasa de Cangas non hai peix. «Oiche, Carmucha, fun a plasa e solo estaban os ferros»

P
Perita!: expresión que indica que algo está mui ben, que está a gusto «saleume perita o exame de literatura

Q
Que che den!: expresión que expresa enfado ou desacordo entre dúas ou máis partes. «¿Vaste xa pa casa? ¡Pois que che den (polo cu)!»

Queimar as mans: frase coa que se refiren as vellas para fumar os porros. «Os rapases dox en día no fan mais que andar a queimar as mans»

Quitar unha foto/afoto: aquí non se toman fotos nin se rouban, simplemente se quita unha foto»vaia bicho saía de fondo na foto que me sacache onte as sinco da mañán»

Quita p’alá home!!!: ven a sinificar algho así como Qué me estas a contar??? ou que dis??

R
Raio- ou Rao-: En Cangas os insultos ou «faltadas» sempre se empezan desa forma. Exemplos:Raopapaostias, raocabrón, … e alongando o erre: rrrraopapaostias, con cara de asco e baixando o ton ó final da palabra. Tamén se pode usar só, «Raio de neno!!»

Rinchar os dentes: Cando alguén fai ruido cos dentes ( os frota uns contra outros, porque lle gusta ou nun momento puntual, mestres mastica) díselle, se molesta:» Ca…rallo, non RINCHES ou non RINCHELOS dentes»

Roupa tendida: Expresión para alertar de que hai abichuchos pequenos e diante deles non se poden tratar certos temas. «tcheeee cortaa!! que hai roupa tendida!»

S
Ser bo para ir a buscar a morte: Cando te mandan a un recado, ou a buscar algo, e chegas sen facelo ou non atopaches o que tiñas que buscar: «Anda, anda, tí eras bo para ir a buscar a morte».

Ser máis duro ca un chicle de alambre: dise daquela persoa que ten un carácter rexo»mimadriña! ese jicho é máis duro ca un chicle d’alambre!»

Ser un cú aberto: ver fillo de porta aberta

Ser un jadé: ser unha persoa deixada aparentemente desordenada.

Ser un tapalatá: Cando alguén fala muito, sen parar» ese é un tapalatá» , » eres coma un tapalatá».

Sudar como unha tora: Sudar muito

T
Tal para cual, marajota e media: Aljo equivalente a «Dios os cria y ellos se juntan». Pareseme que e de Bueu -Cela.

Traballar pa Aldán: Deslombarse fasendo un choio ao que non lle quitas rendemento alghún.

Tócalle o carallo que vai de feria!: Chámalle burro ó cabalo, de Bueu-Cela

U
Unha sen aire Quini: Frase feita e institucionalizada no decálogo do furancheiro e o txiquitero. Trátase dun vaso de tubo cheo de viño branco de Castilla (barato), tan cheo que non entra nin unha jota, ou máis ben nin aire. «Quini unha sen aire»

Un home é un home, un ghato é un bicho e un porco un curricho: chamar as cousas polo seu nom, tamen na variedade «Un home é un home, un ghato un bicho e unha muller, un capricho»

X
Xa é comer ela!: Muller que come bastante (expresión da illa de Ons)

Xaeraopai: Expresión calificativa usada para indicar similitudes coa figura parental.

xa non vai solo: Para disir que alghén leva cuncas de máis, tamén se pode disir «vai de langueta».

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad