logo

Topónimos Morracenses

Contenido original de http://disionariomorrasense.blogspot.com/

A
A costa da morte: costa que vai á casa do mar (sentro de salú de Cangas) 

A choupana: xa non existe como era, os seus restos botáronos na alameda nova. No canto hai chalés adosados e vivendas de protesión ofisial.


A finca de Cora: unha finca que había no Nasaré, na que mooooooooitos nenos do dito barrio, tomaban o seu primeiro contacto coa natureza.
O nome,venlle porque na dita finca vivía unha cadela abandoada, con ese nome.
Na actualidade A Finca de cora é un recordo pois no seu lugar, como en moitos outros, «plantaron» unha mole de ceneto e ladrillo.

Altamira: Semiterio de Cangas, o da calle san josé.


A avenida: séntrica rua canjesa donde se consentra «a movida» «mima que bulla o outro dia na avenida macho, habia sanjre na porta do daso!» 

A M30 de Cangas: circunvalación de Cangas por Reboredo, casa da Carola… , moi estreita e o incrible e que antes fora de dobre sentido! «vou á avenida pola M30 de Canghas que por abaiso están os laghartos»
A Pedralta: barrio en Cangas donde a rotonda dos mexilóns.

A residensia: Hosp. Xeral de Vijo «o jandul está alí injresado na residensia». Ver Casa do Mar

A finca de Fani: é agrande finca que hai detrás do actual piso da Sra Alcaldesa, en fronte ó Nasaré. 

As Andias: o bosque, ou o que queda del, que hai detrás do campo de futbol do Alondras. As calmositas: mercería da calle real que para comprar un botón botas toda a mañán. Tamen coñesidas como «as paraditas»

As javotas do PP: A ESTACIÓN DE AUTOBUSES NO PEIRAO DE RÍA
Polo parecido do tellado ( cor e forma) co logo do PP. 

As monxas: Son os arredores ó colexio da Compañía de María, subindo pola Rúa da Ensinanza. 
Aterrado: como ben se di, aquí non temos mercadillo, temos aterrado, grande lugar onde comprares tres brajas desas que son como paracaídas por un ouro «Maruja esas brajas pa ir ó médico son do aterrado ou que!». Celébrase tódolos martes e venres de cada semana, é o Zara de Canjas. 

CCamiño Vello: 1. Camiño que vai dende o cruse de Santo Domingho ata Rodeira por dentro. 2. Tradisional camiño para ir a romería de Darbo, que en ves de ir pola carreteira general pasa entre as veijas e vas dar detrás do seminterio novo

Cantalarrana: a sona que se extende máis aló da rúa noria e a «aldea de arriba»,  antes de chejar as redeiras.

Calles d´atrás: en Cangas, trátase da calle que vai paralela ao mar dende o Eirado do Señal ao Eirado do Costal amáis todas as que saen parriba. Non incluímos a Calle de San José e a Real, que teñen personalidá propia.
É moi útil pa o jodechinchos se o mandades a tomar a chiquita á do Pelao, o Portujés, a Fonte do Galo, Ambigú, á do Jefe, Caixón de Quini… «queda polas calles d’atrás jefe, prejunta máis padiante»

Capetón: con ocasión do mundial todos debemos saber situar esta cidade portuaria. Trátase de Cidade do Cabo ou Cape Town. 

Carretera nova: en Cangas, tamén chamada polos pijos «Avenida de Vijo», carreteira de «resente» construsión, como o seu nome indica que vai dende a Pedralta ata Nasaré pasando por lugares tan carismáticos como a subida a San Roque, o tanatorio, o butano e o mensionado barrio de Nasaré. «Dalle pola carretera nova a ver se non topamos jodechinchos!»

Conjorsa: o Faro da Conjorsa. Tamén coñecido como heliporto.
Costa do Cuco: jrande costa que comesa na rotonda do ghordo, preto de rodeira e que chega case ata o Lidl, ten moita mala fama en cangas porque as vellas as teñen por un punto nejro do tráfico da provinsia.

GGhaghán: monte mítico que poucos saben donde queda ou cal é en realidade, moitos o confunden co monte Faro de Domaio, máis o Ghagán non se ve dende Cangas, porque tira cara a cara norte, en Marín.

KKeniata: a meca do fútbol amateur no Morrasso «teño repe o cromo dos sojadores do keniata»

LLidi/Lidé: establesemento preto da costa do cuco entre Cangas e Moaña cun amplo catálogo de chiculates e garimbas a bo presio e de nomes exóticos 
MMassó: antigua empresa (e por extensión a sona que a rodea) conserveira e baleeira ubicada no pueblo, hox en día sitio e tema de discusión de amplio espectro. [EN AMPLIACIÓN]
Monte dos chutados: Subindo polo Turata, lugar terrorífico prohibido para os rapases.
Naiden sabe que foi del, ainda que algúns creen que se reconvertiu no sentro de salú.

O


Forte: Barrio canghés á beira do mar que é fogar das mellores «pesas» do pueblo. «¿Quen rompeu os bancos da alameda Manolo? -Uns do forte!!»

O calvario:O centro de saúde de Cangas. Failles falta algo máis que saúde a os nosos maiores para chegar a él, subindo a costa. 

O monte do elefante: é onde ten a casa Cholo o da FE, chámase así pois no lugar hai unha gran pedra cun parecido razoable a o dito animal.

RRampa da Ramona: en Moaña, aparcamento alternativo os día de mercado en Moaña, só para condutores con experiencia en tablas de maré. NON apto para jodechinchos xa que non é o primeiro que descubre que o seu coche non flota.

Rotonda do Jordo: rotonda de nova creación preto da costa do cuco, presidido por unha desafortunada creción artística «eu vivo onde a rotonda do jordo»
Ruta da Maruca: camiño alternativo a carretera general para evitar o ataque implacable dos xojadores do betis(entendase por DGT) que entran coas ferraduras por diante e fanche «tocar a jaita»

SSurdeafrica: ajora co conto do mundial deberiamos saber situar este país, efectivamente, cando todo o mundo lle chama Sudáfrica, South Africa ou «os tocapelotas eses das trompetas nos partidos», resulta que estaban equivocados.

XXaulas do porto/dos mariñeiros: É como a Madroa de Canghas pero sen máis animais que os que se lle ocorreu chantalas alí, serven para faser ruido co vento e que os vesiños non durman, tamén son útiles para tapar a horrible visión da Ría «Menudo escándalo onte as Xaulas do porto»

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad