Capítulo 11Bruxas, Meigas e Bruxarías en Cangas
As lendas da Casa da Mangallona. Co alcume de A Mangallona era coñecida unha señora de nome Leonor Fraga que era filla dun indiano chamado José que retomara de Cuba, instalándose os dous nestá casa de Coiro. Dise que daquela illa do Caribe trouxera a muller os ritos da santería que practicaba e que lle deron sona, ademáis de levar unha vida licenciosa e de vicio, sendo alcumada por iso como "A Mangallona". Cóntase dela que tiña matado a unha filla ilexítima, intelectualmente moi curta, e mais a unha sua sobriña durante un ritual celebrado na súa casa en presenza doutras bruxas e doutros nigromantes chamados Macario, Marcial e Evaristo e asegúrase que cando morreu, saiu do seu corpo o demo que a tiña poseída en forma de serpe. Outros relatos tamén refiren que adoitaban executar os rituais na adega e que aquela sua filla asasinada foi sepultada na finca dá casa ao pé dun limoeiro que ainda estivo alí moitos anos. De certo que está casa infundiulle temor aos veciños durante moitos anos e estes tamén contaban que a Leonor, xa vella e marxinada, adoitaba reflectir a sua silueta enrugada e o seu encanecido cabelo tras das ventás, xa cubertas pola maleza que envolvía toda a vivenda. Despois de morrer esta muller, considerada como bruxa na contoma, algúns dos veciños que pasaban de noite perto dá casa, aseguraban ter visto luces acendidas no seu interior e que cando un indixente, chamado Gallego, se asentou nestá casa, tivo que abandonala ao pouco, pois aseguraba que das paredes da mesma se movían e delas saían voces. A Vella Escola da Mangallona. Contan que na parte mais alta de Coiro, no lgrexario, había unha antiga escola e por debaixo dela un túnel que ninguén coñecía, agás dous homes. Estes, un día, quixeron saber que había no túnel e a súa sorpresa foi cando escoi- taron falar no piso de enriba a dúas bruxas con varias rapazas. Ao fuxiren fixeron ruído e as bruxas foron tras deles: A un convertérono en carneiro negro e todo o que tocaba volvíase escuro e o outro chegou a escapar pero perdeu os cinco sentidos. Ninguén soubo xamáis o que ocorría na vella escola. A casa das luces. Contábase que pola noite, a Leonor seica se erguía e paseaba polos arredores, voltando pola mañá á adega dá casa chea de moitas ratas que adoitaban acompañala. Dise que, desde aquela, está casa estivo sempre enmeigada e que polas noites se reflectía nas fiestras dá casa unha luz misteriosa. Para indagar neste feito, tíñan chegado a poñerse de acordo todos os veciños e unha noite, a unha hora determinada, apagaron toda a iluminación da parroquia, concluíndo que en realidade eran as luces do barrio da Madalena as que se reflectían naquel momento. Ainda así, a dúbida permanecería e aquilo seguiu a ser un misterio ata que Lemos, o último dono, vendeuna e logo reformouse á casa, rematando o asunto. A Casa das bruxas (variantes). Dise que nestá casa da Mangallona, tan sonada en toda parroquia, vivían dúas irmás solteiras, das que se comentaba que tiñan poderes ocultos. Un día, unha delas, que a tiñan por bruxa, matou a outra irmá, enterrándoa abaixo na adega dá casa. Porén, outra versión di que a enterrou debaixo dun laranxo e que quen coma, ainda hoxe, daquelas laranxas, será vítima dunha enfermidade... No Carballal segue esá casa que hai anos era unha escola e dise que moitos anos atrás pertencía a Leonor Mangallona. Un día un home, posiblemente familiar seu, foi á súá casa e tivo un desencontro con ela, matándoa cun coitelo moi longo. Enterrouna debaixo dun laranxeiro envolta nun saco e coméntase que desde entón, pola noite, mirase unha luceciña pasar dunha xanela a outra... A lenda sobre a casa da Mangallona comeza ao se estenderen os rumores de que morrera a filla e tamén que a nai e o pai a mataran. Con isto, a xente empezou a coller medo e a partir das nove da noite no verán e as sete no inverno, non pasaba ninguén polos camiños que pasaban perto da casa. perto dá casa. Falouse tamén de que quedara soamente unha filla e que os gardas que ousaron entrar ná casa atopáronse co corpo xa descomposto. Pasaron moitos anos e a xente non se atrevía a pasar polo arredor daquel edificio. Ata os anos cincuenta ninguén entrou naquelá casa e máis adiante formouse un comité que decidiu arranxar á casa e facer ali unha escola, pero non durou moito. Actualmente o seu dono é Lemos e o edificio está deshabitado e en minas. Dise que moitos historiadores e especialistas en espiritismo foron mirar o lugar polo que tiñan escoitado e dixeron que á casa está nun si tio moi bó para realizar espiritismos pois está situada nunha encrucillada de catro camiños e nunha baixada dun souto. A historia destá casa de Coiro foi transmitida pola tradición oral de xeración en xeración e dise que o primeiro morador coñecido foi o capitán Juan Fraga, que no século XVIII levantou a construción sobre un asentaménto anterior, posiblemente medieval. No século XIX, esta parroquia canguesa estaba dividida entre os marqueses de Santa Cruz, a quen lles pertencía o sur e a familia Fraga, dona do norte, que incluía os montes e as augas da Fraga ou de don Juan Fraga. A última habitante dá casa foi, a finais do XIX e principias do xx, Leonor Fraga, chamada A Mangallona. Seica era unha muller libertina, adiantada ao seu tempo, que lle gustaba gastar a súa fortuna en festas e en esmorgas. Era defensora do amor libre e o seu xeito de vida alarmaba a moitos segundo conta Camaño, quen data a súa morte ao redor do 1925. Nese ano esta rexistrado que o cura don Manuel Viveiro Garda, foi encomendado xunto ao consello do pobo (o crego, o mestre e o máis vello) a entrar ná casa da Mangallona, xa que fada tempo que non se sabia nada dela. Cando entraron, atopárona morta e segundo conta a lenda, unha serpe saíulle da gorxa para escapar pola borralleira. Ante isto, dise que o párroco Viveiro García berrou: O corpo corrupto descansa en paz porque o demo xa o abandonou. A designación dunha comisión popular para entrar na Mangallona debeuse ao grande temor que espertaba entre os veciños: Conta o artista e pintor Camilo Camaño, actual propietario e morador da Casa da Mangallona que na súa infancia aínda se lle tiña medo á casa pois dicían que estaba enmeigada e chamábanlle á casa das bruxas ou das luces. Di que a orixe desta lenda vén de que nos seus últimos anos de vida, Leonor rodeárase de xente escura, relacionada co mundo da maxia, chegándose a dicir que se realizaron sacrificios humanos, como o de Rosiña, unha sobriña con algo de atraso e tamén o da súa filla, María, froito dunha das esmorgas nocturnas que se vivían ná casa: Unha está enterrada baixo un limoeiro e nunha das lápidas hai unha cruz invertida, e a outra descansa nun lugar do souto. O edificio pasou décadas no máis profundo abandono ata que Camilo comezou a facerse con terreos próximos e terminou por mercar á casa.
A Campá de Coiro Alcanzou fama na literatura oral e escrita ao se afirmar que a través dela se covocaban as bruxas de Cangas en determinadas épocas do ano, maiormente nas noites de San Xoan e San Silvestre. O Padre Sarmiento foi quen nos deixou noticia da mesma na sua viaxe de 1745 ao subir ao campanario da igrexa, daquela separado do edificio, describíndoa como unha clocca ou choca con forma de bacín e pendurada directaménte do teito por un orificio que tiña no cirno. Ainda que lle dixeron que era do ano 900 el deduce que polos signos inscritos que presentaba debía de ser do século XIII. Recoñece que xa desde pequeno o "destetaron" coa vulgaridade das bruxas canguesas e pensa que se acaso os de Coiro baleiraron alí aqueles signos, sobre todo a pentalfa ou Selo de Salomón como amuleto ou conxuro contra as consabidas servas do Demo. Porén, Ferro Couselo sostén que os signos gravados nesta campá semellan ter máis relación cos donantes que a financiaron e a sua aportación reflectida nas veces que se repite cada figura. Sobre a pentalfa que usa como símbolo un dos donantes e que aparece na gliptografia dos canteiros e na mariñeira, cabe que servise como amuleto contra os nubeiros ou tempestarios que andaban no ceo argallando as treboadas. Resulta isto como máis verosímil pois un obxecto sacro como a campá sempre foi usado como protector e repelente e nunca como convocante de seres demoniacos, tendo tamén noticias orais, recollidas en Coiro, de que era moi utilizada para alonxar á Compaña do ámbito no que se escoitaba o seu tanxido. As bruxas do monte da Pena Din que pola noite de San Xoán, alá no Monte da Pena, mesmo debaixo da Pedra, saen as bruxas O zapateiro de Cangas arrenegaba do demo sen ter lle medo, e cando ouvía pronunciar o seu nome, faguía o sinal da cruz por costume e porque así llo aprenderan cando neno. Mais, alá para os seus adentros estoupaba de risa ao facer aquela ceremonia e que Deus non llo tomase en conta. Ás veces pasáballe polo pensamento a idea de entropezar co demo en calquera congostra, para arrenegalo mais cunha boa asentada de paus no medio e medio do cemizo co fungueiro que manexaba a concencia, polo menos en opinión dos mozos da alcaldía. Que co sinal da cruz, pois ainda que non aprendera na escola máis que á facer garabatos e a turrar das letras para que saisen as palabras, tina aprendido, ou metéraselle na cabeza que o demo á forza de ser arrenegado co sinal da cruz, fórase afacendo á vela sen renegar. Igualiño que se un labrego á comer boroa, leite e caldiño de unto, aínda que non llo leve o estómago, por non ter outros manxares de máis apetenza que levar á boca. As cornas do demo non lle podían tampouco poñer medo, porque llas vía na cara, e denantes que soñase en coller a subela, xa vira as das vacas e dos bois, e sabía por experencia que as comas da nosa terriña campan nas testas dos animaliños por adorno e non para afuracar bandullos. Ademais -segundo as crónicas el tamén botaba esta conta- a lua tamén tén os seus cornos e cando polos ceos andan, non é milagre nin cousa de mal agoiro que os leve o demo na cabeza. No tocantes ao rabo, tíñao por pecata minuta; ' mellor que mellor, de se chegar a ver diante do demo, amañaría o collerllo, entre portas como se colle aos ratos na ratoeira, sempre que o rei dos infernos lle dese motivo para que o zapateiro lle xogase unha mala pasada. Con estes pensamentos andaba o zapateiro de Cangas devanando os miolos, cando a sua muller, que se asemellaba á unha sogra polo roñona que era cando rifaba, polo xeral á todas as horas, lle botaba na cara os defectos, que ' non pasaban nunca á maiores, pois non tiña outros que durmir a mona dende o lus ata o mércores, e rebaixar polo medio e medio as ganancias que tiña no trato. De festa en festa, cando unha rapaciña de ollos churrusqueiros e xeitosa de corpo lle facía encarga duns zapatos, o zapateiro de Cangas, non porque levase picardía no feito, senón para se desquitar das falcatruadas da muller, facíallos de balde e esmerábase no traballo de tal modo, que saían das suas mans acabadiños de ben feitos e dignos de levar o aguinaldo nunha exposición de obra prima. O xenio da sua muller, xa cansa de que o seu home non escarmentase con r berros e choromicadas, acodeu á razóns máis contundentes. Un día tiroulle cunha forma aos fuciños e con tal coraxe que lle guindou os dous dentes dianteiros. -Hoxe é dia santo na miñá casa! exclamou o zapateiro con voz de trebón. -Hoxe co tirapé vou a repinicar nas tuas costas como repinican as campás cando non paran os badallos! E dito e feito, o tirapé caíulle riba do lombo unha, duas, vinte, corenta, cen veces, e a pobre da muller levou unhas fregas de coiro contra coiro, que foran abondo pra lle barrer cantos puntos de costado poideran aflixila ainda que vivise máis anos que Matusalem. Para que o seu home non volvese a dar máis días santos polo estilo ná casa, colleu ela a dianteira das desculpas e díxolle que lle tirara a forma aos fuciños porque a tentara o demo. Non quixo saber mais o zapateiro de Cangas. Xa como bo cristián lle tiña xenreira e colleulla de renegón cando soubo que o príncipe dos infernos, cmno se fose calquera mal veciño que dispuxera de vagar, se metía nas cousas da súa casa, baixándose á cativez de lle dar aqueles consellos á sua parenta. E como en Cangas había naqueles tempos bruxas -polo menos así O dixo D. Antonio Neira de Mosquera- o zapateiro entrou en tratos con elas para se vengar do demo. E así pasou a impoñerse ben nas aduanerías e falcatruadas do gremio, a se exercitar no manexo das unturas para subir pola gramalleira, a saber montar de acanchapema no pau dunha vasoira e a acender como quen acende un misto, os ósos dos difuntos restregándoos contra as paredes. Logo de pasar a emprestar servizos na Santa Compaña polas aldeas, cáseque bruxo feito e dereito, capaz de servir en casos de apurada de estadeiña, ou de calquera desas zaramalladas da bruxería, o zapateiro de Cangas mesturado entre as bruxas e sen esquecerse de levar a subela por un se acaso, voou pola carrilleira dos infernos sentindo sede e fame de vinganza. Cando chegou ao cabo da viaxe, ventando ao demo, dixo pola calada: Vas mas a pagar todas xuntas! E sucedeu o que todos os galegos sabedes: que o demo estaba recibindo Córte, que todas as bruxas lle bicaban o traseiro e que cando lle chegou o tumo ao zapateiro de Cangas, lonxe de lle dar o bico de ceremonia, enterroulle a subela ata o redaño. E que o demo non deu un brinco porque tén o pelexo muy duro e tomou a picadura por unha cóxega, contentándose con preguntar: -Quén bicou? -O zapateiro de Cangas -responderon os condenados. -Pois que non volva á bicar porque lle pican as barbas -engadiu o demo.