Capítulo 16Ritos, Costumes e Tradicións Populares
Ritos e costumes. Ritos e costumes na espiritualidade mariñeira O apartado referente á cultura espiritual das xentes do maré un dos menos estudados no noso corpus folclórico e por iso son moi escasos os datos sobre este tema, ao contrario do que acontece coa cultura agraria que goza dunha ampla recolleita. Porén, si que contamos cun amplo catálogo de ditos, proverbiose refráns, moitos deles perviventes e coñecidos en canto se refiren ao estado do tempo e do mar. Contodo, semella que algúns dos máis populares como é o en trece e martes, nin cases nin embarques precisamente non tén orixe mariñeira pois ao dicir das xentes ribeiráns, as desgrazas non escollen día xa que o maré demasiado traidor para andar con supersticións. Mais destas, habelas, hóuboas, e aínda que hoxe están superadas, daquela andaba estendida a crenza de que se se asubiaba a bordo, podían atraerse os ventos e tempestades igual que acontecería se unha muller estaba embarcada. As féminas, antano, non eran pasaxeiras moi desexadas igual que os defuntos que, estando en alta mar, deseguida se guindaban ao mar por razóns sanitarias obvias, ao non haber aínda cámaras frigoríficas. Por outra parte, cabe apuntar que máis dunha vez, algún falecido en Vigo foi traído para Cangas pola ria na escurada e a golpe de remo para evitar a férrea burocracia e control da época franquista que obrigaba a farragosos trámites e dificultades para poder enterrar o corpo naquel lado da ría.
A agrupación gremial dos mariñeiros está moi relacionada en Galicia cos dominios eclesiásticos da costa constituíndo confradas baixo advocacións relixiosas que aportaban unha parte dos seus gaños para a igrexa e participaban nos actos relixiosos. A pugna polo control das rias entre estas, deu lugar ao ditado de ordenanzas de pesca que, contodo, non evitaban as continuas trifulcas polas postas, vedacións ou o uso das artes. Por veces, como aconteceu en 1501, chegarían ao enfrontamento directo e virulento, utilizando paus e lanzando pedradas, cortando as redes e facendo gala dos insultos máis soeces e rebuscados, destacando entre estes por usual, a mostra do traseiro remangando as súas faldas (sic) os mariñeiros. A agudización dos conflitos conducía por veces ao uso de espadas, lanzas, fouces, alabardas, béstas e incluso arcabuces. Destes enfrontamentos seculares proveñen algúns dos alcumes colectivos de orixe difícil de enxergar hoxe, dos que permanecen aínda na memoria os "Ghalos" de Ons, os "Caba os de Bueu, os "Carolos" de Portonovo e os "Caghas na cubeta" de Marin que por certo nunca aparecen enfrentados cos outros. Tempo atrás, atopamos unhas fontes referenciais ao século XIX en Vigo nas que se recollía que no Berbes os mariñeiros de Cangas eran coñecidos como "Os Rulos", alcume que aparece referenciado na copla:
Nosa Señora da Guía déanos o vento en popa somos os Rulos de Cangas traguemos a vela rota. Unha bendición do mar. Corría o ano 1757 e a falta de pesca na ria de Vigo estaba alcanzando xa uns tintes alarmantes polo que os pescadores de Cangas acordaron recorrer ao arcebispo de Santiago don Bartolomé Rajoy Losada para que fixese algún tipo de rogativa ou imprecación que remediase a situación. Polo que sabemos, non foi fácil convence lo pero finalmente aceptaría achegarse a Can gas para bendicir a ria, pedindo non só abundancia de pesca senón tamén de froitos da terra. Unha vez aquí, iniciaría un ritual consistente en bendicir tres veces o mar sendo que despois da primeira bendición, procedeu a introducir e sacar varias veces da auga un rosario do que pendía un "lignum crucis" ou anaco da cruz de Cristo. Descoñecemos os resultados desta cerimonia pero a recorrencia a rituais sincréticos, mestura de relixión e superstición, eran adoitos nestes tempos en que se descoñecían as verdadeiras causas da falta de pesca. A Bendición de barcos e aparellos. Este costume de bendicir anualmente embarcacións e aparellos tiña moito arraigo nos portos galegos e así, cando se iniciaba a costeira, o primeiro día no que ían comezar as faenas, os mariñeiros requerían a presenza do párroco para que fixese descender a bendición do Pai que todo o pode, do Fillo que todo o perdoa e do Espírito Santo que todo o inspira, sobre as artes, embarcacións e accesorios. Era este, sen dúbida, un espectáculo curioso e devoto: amarradas as embarcacións, as xentes de mar enchían o porto, e revestido de alba e estola chegaba o ministro do Señor acompañado do sancristán e entraba nunha embarcación. A tripulación formaba sobre cuberta e o cura dicía as preces de ritual e facía asperxementos con auga bendita, pregándolle ao Altísimo que protexese aquela xente que loitaba polo panem nostrum quotidianum... Así, ía percorrendo todas as embarcacións, e tan arraigado estaba o costume de bendicilas que ningún se atrevería a saír ao mar sen que antes a Igrexa santificase as artes. As botaduras. Na antigüidade e aínda hoxe nalgures, antes de asentar na quilla o pau maior dos barcos, adoitábase colocar na base unhas moedas que se supuñan era o pagamento obrigado para os deuses e forzas misteriosas que residían nos mares pero actualmente o que nos vén máis á mente é a difundida cerimonia da botadura dun barco, rachando na sua proa unha botella de champán ou de viño do país. De todos é sabido que de non rachar esta co impacto, o mal agoiro pairará sobre o barco e a sua función. Contodo, este é un costume mediterráneo importado, proviñente da cultura greco-romana na que ofrecían ánforas con viño tinto aos deuses e que substituían o costume de verter o sangue de persoas (nenos, escravos, cautivos...) como ofrenda aos deuses do mar (Poseidón, Eolo...) e á divinidade que protexía a nave, normalmente representada na proa. No século XIX impúxose o costume de que fose unha madriña quen realizase a cerimonia e que na España máis católica tamén se facía acompañar polo cura de tumo, introducíndose unha especie de "bautizo" de obxectos que se estendeu tamén a outros campos (animais, campás...). Galicia asumiría en moitas ocasións (grandes estaleiros) este ritual importado, mais como imos ver, as formas de impetrar a protección e boa fortuna dos nosos barcos tradicionais, aparellos e pesca, era moi diferente: Na maioría dos asteleiros de ribeira, igual ca se facía en terra con calquera obra de construción, cando os carpinteiros reparaban ou remataban un barco, poñían un ramo nel. Había a quen lle chegaba cun ramallo de xesta pero o máis adoito era que fose de loureiro debido aos seus efectos protectores contra todo mal, tal e como facían os emperadores romanos colocándoo sobre a súa cabeza a modo de coroa ou mes- mo nos furanchos para que non se estrague o viño. Nos anos do franquismo, a maioría dos estaleiros adoitaban cumprir co ritual establecido poñendo na proa ou na popa a bandeira española, estando establecido que fose o cura da parroquia quen efectuase a cerimonia de bendición e que o armador e o construtor a celebrasen cun xantar denominado nalgunhas zonas como "o remate" no que abundaba o marisco. Costumes precautorios. Máis relacionados coas crenzas sincréticas e supersticiosas atopamos referencias a diversos rituais nas nosas rias dos que apenas xa queda memoria. Entre algúns deles podemos referir entre os mariñeiros das Rias Baixas o costume de botar desde as súas dornas pan branco ao mar para que o vento acougase e pan de broa para que o vento viñese. Noutros casos, para calmar o mar adoitaban botar o saín ou graxa da sardiña aínda que dicían que tamén o fígado de badexo daba moi bo resultado. Para impetrar o bo tempo e o éxito pesca, tamén se usaban os ramallos de loureiro ou de xesta marela colocados na proa aínda que outros dicían que daba mellor resultado o derramar unhas xerras de viño por enriba das táboas da cuberta. Para procurar a seguranza e volta do mar, era mal presaxio escoitar o tanxido dos sinos dunha igrexa ou capela cando se zarpaba e nalgúns portos que contaban con capelas de santos ou santas milagreiros, os mariñeiros adoitaban levar pendurado do pescozo unha especie de escapulario con anacos de areas que extraían das laxes do entorno sagrado. E nesta lóxica preocupación mariñeira polo estado do tempo, a parte de pola pesca, xa dixemos que xogaban un papel fundamental a paremioloxía, o refraneiro e tamén o saber vaticinalo con só erguer un dedo mollado con cuspe. Ademáis disto, existen outras diversas premonicións e métodos rituais curiosos como o que practican nalgúns lugares das rías, establecendo que cando sangran os percebes é sinal de que vai cambiar o tempo. Porén, os antigos pescadores de Ons (Os Ghalos) con fama de bos mariñeiros, adoitaban adiviñar o mal tempo cando as gavotas andaban a cantar por enriba das pedras ou porque os rañacús (estrelamares) saían a tomar o sol. Noutras partes era síntoma de mal tempo que os merlos andasen a cantar nas silveiras e debo tempo se o facían enriba dos penedos. Máis sofisticado nisto das artes premonitorias do tempo é o de prestarlle atención ao solpor e fixarse se o Sol presenta ao seu carón un apenas perceptible e pequeno brillo, que lle din becho e que predice a chegada de vendavais. Porén, se o Sol presenta no seu acaso algun raio de cor verdosa, o ditame premonitorio é que vai vir tempo apracible.. Neste sentido da observación dos astros polos nosos pescadores e mariñeiros, cabe relatar a desconcertan te experiencia que vi viron os de Marín a finais de xaneiro do ano 1885, cando viron como unhas estrelas se xuntaban e caían no mar a grande velocidade. Daquela, fracasarían todas as sabenzas e artes premonitorias, que foron substituídas por un alporizamento xeralizado. Co medo no corpo, retornaron rapidamente ao porto e no día seguinte os mariñeiros celebraron unha misa cantada por non terlles pasado nada. Ao final, os científicos daquela época concluían que eran aerólitos, pero os mariñeiros que os viran, seguían na teima de que foran un sinal do fin do mundo que desde aquela aínda non chegou, pero todo se andará...
Outros costumes. Sábese que en moitos portos e praias e mesmo constatado ata hai uns anos na illa de Ons, cando hai moitos que cobran moita pesca e outros non pillan nin chica, estes xulgan que teñen as súas dornas enmeigadas. Entón saen de noite á praia a varexalas cunha xesta ata que cansan... Queda memoria de que ata os anos vinte do pasado século era adoito que os mariñeiros recorresen a antigos rituais profilácticos e de expulsión de males das embarcacións cando a pesca non era propicia. Un dos máis empregados, como dixemos, era varexar os costados do barco cunha xesta, aínda que tamén valía unha silveira (zarza macho?) e incluso asperxendo auga bendita. Pero máis efectivo era a recorrencia a unha meiga pois esta coñecía os ensalmos para tirar o meigallo e nestes labores, que había que facelos ás doce da noite, eran moi reclamados nestas datas os servizos de "A Carabineira" de Cangas que acudía a calquera porto ou varadoiro. E senón funcionaba este sistema, sempre quedaba o de meter a bordo unha restra de allos co fin de quitar o meigallo. Tamén se conta que os mariñeiros das rias Baixas adoitaban andar polas aldeas veciñas a roubaren (non tiña efecto se non era así) varas do gando ou aguilladas e con elas varexaban o barco. Se isto non daba resultado collían un obxecto do barco, normalmente unha pana de rede, e levábanlla a un menciñeiro para que este fixese sobre ela os seus esconxuros. E falando de esconxuros, os que pronunciaban en tomo ao San Xoan os mariñeiros de Cangas cando as redes se lles enganchaban nos fondos de Barra, asunto que lle atribuían á cruz do campanario da igrexa da Coruxana, que como dixemos, foi asolagada como castigo ao seu depravado e inmoral comportamento. APeñora Esta palabra provén do latín pignorare e deu orixe ao significado máis moderno de empeñar pero na Idade Media entendíase como unha pena ou multa que o estamento eclesiástico, moi abondoso en Cangas pola colexiata, lles impuña aos mariñeiros que eran collidos traballando en festivo, tendo que do-nar un terzo do capturado á sua parroquia. Antigamente, tamén adoitaban deixar os tripulantes unha parte para os santos da súa especial devoción, mais iste costume caeu en desuso, sen dúbida polo descreimento, pola desafección á Igrexa e pola divulgación e propaganda de ideas socialistas e diso/ventes, segundo se dá conta nalgúns tratados lexislativos.
E xa que falamos de dereito consuetudinario, sería esta unha boa ocasión para explicarlles aos profanos terrestres outros usos e costumes propios dos mariñeiros como a parcería, a caiaxe, o quiñón... pero xa se nos escapa do tema que vimos tratando. Desencontros coa relixión. Non sabemos se polo dito anteriormente, descreimento, desafección ou propaganda, en determinadas épocas e nalgúns colectivos do mar, a relación cos representantes eclesiásticos non gozaría de gran entendemento e simpatía. Malia as fortes relacións que durante séculos mantiveron os gremios e confrarías do mar, contribuíndo co seu esforzo á construción e mantemento das igrexas (Pontevedra, Cangas...), sempre estaría presente entre as xentes mariñeiras o mal agoiro que supuña mencionar a bordo dos barcos o nome do cura ou do raposo, sen alcanzarmos a relación que ambos podían ter. Esta superstición, escasamente vixente hoxe polo que xa relatamos anteriormente, tería nestas datas unha forte presenza entre as xentes do mar, segundo contrastadas referencias orais e a mención dos curas a bordo podería supoñer un capote ou lance fallido, ficaren sen pesca ou sofriren un accidente. Para esconxurar este perigo era preciso que alguén tocase ferro inmediatamente, a ser posible co rizón na proa. Cando era imprescindible a alusión aos curas, esta facíase baixo a forma de "Xa che digo" ou "Xa me entendes". Tamén consta que ningún armador ou patrón permitía que un cura subise a bordo nin para ir de paseo, pois a súa presenza era considerada moi nefasta para a tripulación. Polo mesmo motivo, non se bendicían nin barcos, nin redes, aínda que fosen de estrea e quizais por isto fosen tan escasas as procesións mantimas pois existían moitas reticencias incluso no día do Carme, pese a contar coa protección desta Virxe. Contra todo isto, opúñase en terra un anseio de participar nas procesións e actos relixiosos relacionados coa súa confraría, coas festas locais ou coa Semana Santa, para a cal era preciso o concurso dos homes do mar para cargaren coas pesadas andas das numerosas imaxes, onde todo o incerto das singraduras, as numerosas vítimas dos naufraxios e a omnipresenza da morte, sincretizábanse a cotío nos sentimentos de fe e nas crenzas dos homes do mar.
O Enxempramento ou bautizo antecipado. Este antigo costume viña praticándose en moitas partes de Galiza por mor de seren moitos os nenos que morrían no ventre da nai antes de seren bautizados e pola propia necesidade dunha sociedade campesiña e mariñeira que precisaba de brazos novos para as tarefas do mar, do campo e da casa. A palabra enxemprar significa botarlle auga de socorro aos recén nados a piques de morrer mais neste caso faise antecipadamente como ritual precautorio. O lugar axeitado varía segundo as posibilidades pois vai desde o paso da preñada por baixo do palio cando sae o Santísimo en procesión, o achegamento a unha fonte de augas puras e cristaíñas ou a colocación da mesma nunha noite de sábado, no centro dunha ponte pola que discorra un río e teña perto un cruceiro, agardando que dean as doce da noite. Esta última ubicación semella ser a mais escollida pois existen numerosas referencias en Galicia e no Norte de Portugal. A ponte do Burgo, a de Noalla, a da Barca, a da Ramallosa, a da Pontesampaio, a das Porte las, a de Loira... e un senfín delas acolleron ata hai pouco este ritual de medianoite. A muller embarazada, acompañada de persoas da sua confianza, homes e mulleres, portan unha cesta con viandas e viño bo. Asemade, levan unha cuncha de vieira ou un púcaro de barro virxe para coller auga ou xa levan auga bendicida, un pouco de sal, un ramalliño de oliveira e un farol para se alumar na escuridade. Como se sabe, a oliveira é unha árbore que cristianiza ao loureiro... e o sal conxura ao demo, ademáis de lembrar o bautismo cristiano como se recolle na fórmula: benedictio salis dandum cathecumenum. No medio da ponte agardan ata que A persoa que nese tempo queira pasar pola ponte actuará como padriño ou madriña segundo sexa home ou muller, debendo agardar a que soen as doce badaladas de medianoite. Un dos presentes na cerimonia actuará tamén de padriño ou madriña segundo fose o sexo do viandante. Co sal procede este a rociar os senos da grávida e co ramalliño de oliveira inmerso no púcaro coa auga do rio (ou a bendita) mollan o seu ventre núo mentres recitan primeiro o Credo e logo unhas palabras como: Eu te bautizo no nome de Deus, Pai, Fillo e Espíritu Santo para que veñas a este mundo san e salvo. As variantes sobre esta parte do ritual tamén son abondosas e descricións do mesmo aparecen recolleitas en versos de Rosalía de Castro ou de Andrés Muruais. Ao remate da cerimonia a muller muda de roupa e a seguir, debaixo da ponte ou nun lugar próximo, disfrutan das viandas e do viño antes de marcharen para a casa, guindando o sobrante deste banquete ao río. Este ritual tamén se practicou con certa profusión na ponte de Cangas onda o río e o cruceiro do Señal, segundo testemuños fiables dalgúns Gardas Civís, pois en distintas ocasións e por moita proximidade do cuartel da Benemérita foron os gardas quen actuaron de padriños nestes bautismos antecipados. Porén, cóntase que nunha ocasión montouse unha sonora e feroz trifulca entre os familiares da muller grávida e a parella de vixilancia que apareceu pola ponte naquel tempo de espera. Estaba claro que os presentes pola razón que fose (ou coidaron que lle ían prohibir o rito ou non querían un garda civil como padriño), tentaron desarmar á parella de gardas e guindala ao rio. Finalmente, un dos gardas convenceu aos presentes de que xa tiña participado alí noutros bautizos antecipados, aceptando amigablemente que o do benemérito corpo actuase, pois, como padriño da ceremonia. Choronas e pranxideiras. Desde vello e pola sua popularidade é de todos coñecido o dito "vai chorar a Cangas" cando se porfia moito para conseguir unha cousa ou se laia un pola perda de algo do que non coidou axeitadamente. Hai quen quere ver a orixe deste dito no doloroso pranto colectivo que as terras do Morrazo propagaron durante anos despois da terríble "razzia" de morte e lume que os turcos efectuaron no 1617. Porén, semella máis consecuente pensar neste dito como procedente dun dos ritos funerarios mais espallados por Galicia do que as derradeiras expresións públicas se mantiveron nesta zona ata tempos ainda non lonxanos, permitindo o seu rexistro oral e escrito. Tamén cabe dicir que en toda Europa só se conserva un ritual moi semellante na illa de Córsega, executado por mulleres enlutadas chamadas "vozinari" que emiten agónicos e continuados prantos, así como frases louvatorias co cadáver de corpo presente. Como choronas, choradeiras, plañideiras ou pranxideiras coñecíanse a aquelas mulleres que se adicaban a chorar nos actos fúnebres con bágoas espontáneas ou provocadas e con xestos chamativos, exclamacións de pena e sentimentos desbordados. Estes actos coñecidos tamén como prantos ou plantes provocaba por veces, curiosas competencias pois non todas exercían esta arte con igual mestría: Unhas mulleres choraban mellor que as outras e conmovían con máis facilidade aos asistentes e familiares. Entre as de maior fama estaban loxicamente as de Cangas pois non precisaban de elementos como cebolas, allos ou pementón para que a reprodución do pranto semellase auténtica. Ante isto, aparecía como costume que a persoa que ía finar deixase establecido de xeito verbal ou escrito non só cantas misas, velas e curas quería senón tamén cantas e cales pranxideiras debían acompañar os actos e á comitiva fúnebre. A veces constaba tamén na manda testamentaria o que debían dicir as pranxideiras e que tipo de actos debían executar durante o camiño ao camposanto. A tal extremo chegaron estas representacións que xa no 1380 o rei Juan I promoveu pragmáti- case decretos para prohibir os excesos cometidos. Mais pouco deberon facer estes decretos reais pois no 1740 e 1742, os arcebispos de Santiago ainda andaban a dispór que as pranteiras ou pranteiros, que tamén os había, non actuasen nas igrexas. Se estes tentaban executar alí o pranto ou calquera acto como abrazar o cadaleito ou que se xadeantes e suorosas, simulaban querer irse co defunto ou defunta, que fosen expulsas de inmediato do recinto sacro. Durante outros anos posteriores os bispos seguirían a ditar medidas contra este costume sen que tivesen grande efecto na sua extinción. Ata os anos cincuenta ainda se constata a execución dos prantos en lugares recónditos da Galicia pero co ritual moi mermado pois xa só se practicaba no cemiterio no intre do enterramento e con profusión de choros e xestos. Xa nada ficaba daquelas expresións tan características dos vellos prantos como: Quen te leva...? Acórdate de nós! Vas tan guapiño... como o mellor mozo! Castelo forte! Quen te matou? Cómo se atreveu a morte contigo? Adeus meu capitán, adeus, que semellas unha rosiña cortada da roseira nunha mañá de orballo! Unha das últimas choronas en exercicio na zona de Cangas que alcanzaría certa sona foi Josefa Soto "A Pechencha" que percibía o clásico pago "en especie" polo seu labor. De comezos do século pasado ainda consta a manda (testamento) dun tal Roxelio que estando moi enfermo lle encargou á unha pranxideira que acudise con catro compañeiras a chorar desde a casa mortuaoria ata o cemiterio. As actuantes debían ir anunciando a berro pelado e durante todo o traxecto que o Roxelio fora un home moi traballador, honrado e moi bo esposo e que os ditos que falaban da sua relación con outra muller, que eran caloñas. Ao remate, a Filomena e as suas compañeiras foron cobrar os oitenta reais que acordaran de estipendio mais o familiar encargado de pagarlles negouse a facelo, alegando que non cumpriran co pactado. Certo foi que choraron e alabaron o defunto durante o traxecto estipulado pero esqueceron dicir que tiña sido un bo esposo que fora calumniado. En troques, a Filomena andou a dicir: Adeus Roxelino, dalle recordos ao meu tío Valentín e dille que vai casar a Rosa e que se coide moito, pois xa sabe que é moi dado aos catarros e tercianas. As pranxideiras cobraron ao fin o estipendio pois explicáronlle ao familiar que a súa misión era chorar e facer chorar a xente pero non facela rir. "Se nos atrevésemos a louvalo como marido -explicou a choradeira- iámonos rachar de risa todos e mesmo todo o acompañamento do enterro, incluídos os curas".