⚠️ Web en probas, próximamente activa
🕯️ Crenzas e Maxia

Capítulo 14Lendas Haxiográficas, Milagres e Santos

A igrexa de Darbo. O relato completo sobre a erección da igrexa de Darbo comeza nunha época en que este lugar non contaba ainda con edificio e os fregueses tiñan que acudir aos oficios na igrexa da Magdalena situada detrás da Serra Poñente, bastante lonxe do núcleo que se estaba a consolidar corno de máis poboación. Cóntase que daquela, era un bispo o que viña a celebrar a misa e oficiar os sacramentos. A tal fin, precisaba convocar aos veciños que residían en maioría deste lado da serra e para iso subía a un lugar da mesma desde onde os avisaba a toque de corno. Este lugar ainda se coñece hoxe corno o Monte do Bispo. En vista desta incómoda situación, foi cando se decidiu a construción dunha nova igrexa no lugar do Seixo. Porén, hai quen di que a edificación da nova igrexa foi porque este bispo, din que Xelmírez, mandou abandonar e derrubar a igrexa da Magdalena. Outras crónicas populares, porén, refíren as dificultades que os canteiros tiveron que pasar para erguer a igrexa nun lugar escollido, segundo uns no lugar do Piñeiro e segundo outros na Cruz de Castro. Estes lugares, que dominaban a valgada e a paisaxe, semellaban a todas luces, seren os máis idóneos para levantar este tipo de edificación. Porén, tanto nun si tio corno no outro, toda a obra que se facía polo dia, derrubábase misteriosamente pola noite sen que nada se puidese avanzar na súa construción pois as pedras unha vez asentadas rolaban de noite, ladeira abaixo e había que volver a subilas. Observando o fenómeno, os traballadores descubriron que eran unhas pombas as que milagrosamente desfacían a obra. Finalmente, deduciron que unha delas, moi branca, á cuxo voo maxestoso non permaneceron alleos, foi a que lles indicou o lugar onde se debería facer a igrexa. O espazo, onda unha oliveira, logo moi famosa, na que pousaba a pomba e agochado na valgada non semellaba ser o máis idoneo, mais cando comezaron alí a obra, perto dun souto, dunha carballeira, dunha fonte e do río, ningunha pedra máis foi botada ao chan, podéndose así rematar a obra da que foi a nova igrexa de Darbo. O Santo Andrés do Hío. Contan certos relatos que ao Santo... Andrés do Hío quixérono levar para Aldán, xa que dada a súa condición de pescador con Xesucristo que o escollera para apóstolo, parecíalles máis propio para a, igrexa por ser Aldán un pobo máis mariñeiro. E así, un día, dispuxéronse a levalo para a sua parroquia colocado nunhas andias portadas por catro homes. Todo foi moi ben mentres cruzaban por terras do Hío pero ao chegaren ao río Orxás, que era fronteira entre ambas as duas parroquias, o santo non lles quixo pasar. Dise que cando os que o levaban querian andar para adiante, o Santo facíaselles tan pesado que non podían con él. En troques, se intentaban retroceder cara o Hío, non notaban ningún peso, corno se a imaxe estivese suspendida no ar. Deste xeito, decatáronse das preferencias do santo e tiveron que dar volta para o Hío, onde el queria estar e desde aquela, este santo segue sendo o patrón da parroquia. O Santo Andrés do Hío, foi de moi antergo, un santo moi milagreiro. Aínda hoxe, hai xente que lembra corno acu ían moitos devotos de fóra para cumpriren as suas promesas, deixando moitos exvotos de figuras de cera, pendurados xunto do Santo no día da súa festa a finais de novembro. Neste día, cóntase tamén que en tempos lonxanos, durante a procesión do santo ían xentes metidas en caixas de defuntos e que outros, tamén en cumprimento de promesas ou demanda de favores, andaban de xeonllos dando voltas arredor da igrexa. Díxose que todos estes rituais remataron cando os prohibiu un cura da parroquia.