⚠️ Web en probas, próximamente activa
🌿 Ritos e Medicina

Capítulo 17Medicina Popular Galega e Herbas Máxicas

Medicina popular. Menciñeiros, curandeiros, sanadores... Son diversos os nomes que estes practicantes da medicina popular, durante séculos paralela á oficial, reciben ao longo de Galicia pero en síntese pódense clasificar en dous sectores. Un, conformado por aqueles que no seu exercicio sanatorio inclúen determinados procedementos máxicos, usando textos e obxectos relixiosos e outro, os dos que usan coñecementos e aplicacións de remedias procedentes do coñecemento dunha ciencia popular e do seu emprego intuitivo na curación de males físicos. Da primeira clase, destacan na nosa zona os chamados Pastequeiros pois nos seus rituais empregaban, ademáis de cruces e obxectos relixiosos, diversas letanías que adoitaban rematar co latino pax tecum (a paz sexa contigo) e de aí a sua denominación. Moi coñecidos en toda Galicia eran os pastequeiros de Santa Comba de Bértola ou San Cibrán de Tomeza adicados a tirar o meigallo mediante a invocación destes santos e o libro de San Cipriano para dicir as palabras axeitadas a cada mal, cousa esta que podía facer calquera veciño que tivese o libro. Tras do nome meigallo estaban numerosas doenzas, males de persoas (de ollo, de en vexa...) e animais e tamén sortes relativas a diversos actos negocias. Dise que adoitaban actuar no adro da igrexa pero tamén eran moi requeridos noutros lugares da contoma, ainda que para aplicar os remedios bastaba coa presenza de roupa ou calquera obxecto do doente ou enmeigado. A concorrencia dos pastequeiros en Santa Comba non proviña só da haxiografia católica que contaba, nunha das suas versións, corno foi condenada a morrer queimada na fogueira (corno as bruxas) pero que resistindo as chamas, tiveron que decapitala nun bosque próximo onde se formou un regato de auga co seu sangue. Consta, por outra banda, que a veneración desta santa en Galicia xa se remonta á Idade Media e unha lenda di que antes de converterse en virxe e mártir, xa exercera de bruxa e por iso foi queimada. Cóntase que un día, topou nun camiño de Galicia con Xesucristo e este díxolle que se seguía actuando do lado do Demo, nunca entraría no reino de Deus. Despois disto a sua vida mudou totalmente, converténdose ao cristianismo e despois, durante as persecucións do emperador Aureliano, foi martirizada ao negarse a renegar da sua fe e protexer a sua virxinidade, converténdose na patroa da meiguería galega, actuando tanto de intercesora nos seus rituais sanatorios como de talismán contra as bruxas. Ás recolleitas de V. Lis Quibén debémoslle o coñecemento destes curandeiros, saudadores ou sanadores, compoñedores ou arranxadores, meigos, meigas... ainda en activo na nosa zona arredor dos anos trinta do pasado século. Así, déixanos constancia dun veciño de Marín de Arriba, coñecido como Xoan (a) O Portugués, alcume que lle viña por ser oriundo do país veciño onde de os pastequeiros eran abondosos. Nestas datas, aos sesenta e cinco anos, foi un dos máis famosos e dise que a súa primeira profesión foi a de músico pero agora traballaba como canteiro, residindo no lugar de Roza, na parroquia antes mencionada. Cando vivía en Portugal tivo ocasión de coñecer a un individuo que se dedicaba a desconxurar persoas, lembrando que utilizaba unha estola, unha Cruz de Caravaca e que lía unhas oracións nun libro chamado O Ciprianillo, e trasladándose ao Brasil no ano 1911 ao entrar nunha libraria en Río de Xaneiro con obxecto de comprar papel e sobres para escribirlle á súa familia, viu anunciada a venda do referido libro, comprando un exemplar por pura curiosidade e por lembrar que como o utilizaba o seu conveciño quería saber o que lía nel. Xa en posesión do devandito libro e no seu retomo a Galixia, veu vivir a Marín de Arriba onde reside actualmente, casado cunha sobriña de Xosé Carracelas, que exercera o cargo de sancristán na parroquia de Marín de Arriba e despois na de Marín de Abaixo. Mais, resulta que o tal Carracelas dedicábase a practicar o Pasteco, e como era vello, "O Portugués" acompañábao nas súas excursións, pois ía a varias capelas e igrexas e a casas de enfermos, e viuno, ademáis, actuar no seu domicilio, e todo iso fora exercendo influencia no seu ánimo e predispóndoo para actuar el tamén. Cando falece o Carracelas, "O Portugués" recollería a súa clientela e dedicaríase de cheo a practicar o Pasteco. E se toda esta clientela non lle chegase abondo para dedicarse abertamente a tal oficio, si había de selo o feito, de que en Rodeira había un bruxo chamado Perfecto, que era espiritista e andaba de noite na Compaña, e en Cangas había unha bruxa, cuxo nome di descoñecer, á que lle mandan nenos e persoas maiores que antes se consultaran con eles para que lles cortase o Aire de morto, os exconxure cos Evanxeos ou lles bendiza a casa onde viven, sendo estes os motivos de que teña moitos clientes e faga moitas saídas, traballando unicamente no seu domicilio e no dos clientes, sen ir a ningunha igrexa, nin capela, pois non llo permiten os curas das inmediacións. É curioso o feito de que "O Portugués" e o Xosé Carracelas negasen coñecer a estes dous, bruxo e bruxa cangueses e, porén, non había enfermo que pasase polas súas mans que antes non estivesen con algún dos outros. Dise que o Portugués trata aos seus clientes da mesma maneira, e o procedemento que emprega é o seguinte: Acende primeiramente unha vela; a continuación nunha lata, pon un pouco de incenso e sementes de esplego e noutra lata un pouco de auga bendita... Senta ao mesmo tempo que o fai o enfermo e pregúntalle a este o seu nome; quenta á calor da candea a punta dunha navalla e con esta colle un pouco de incenso e sementes de esplego, e mentres estes arden, di as seguintes palabras: Antes que este mal sexa visto, retírese o mal e viva Xesucristo. E esta última operación e estas últimas palabras repíteas tres veces. A continuación colga do pescozo do enfermo unha Cruz de Caravaca e coloca sobre o seu ombreiro dereito unha parte dunha estola e a outra sobre o mesmo ombreiro daquel, e no Ciprianillo le a primeira, segunda e terceira exconxuración e a continuación os Evanxeos, e sempre que aparece unha cruz no libro, molla en auga bendita unha cruz pequena de rosario que previamente ten na man e bendí con ela tres veces ao enfermo na cabeza e no peito. Na súa casa dedícase a cortar o Aire de morto e a desconxurar ás persoas polo procedemento que acabamos de describir, e cando vai bendicir casas que se supoñen enmeigadas, entón leva o cacharro coa auga bendita e a cruz pequena, e mollando esta na dita auga fai cruces no ar ao mesmo tempo que le a primeira, segunda e terceira exconxuracíón; isto faino na primeira habitación que atopa ao entrar cando ve que se trata de casa pobre, pero se se trata de casa rica entón faino en todas as habitacións. Ten gran fama no Concello de Marín e percibe honorarios bastante crecidos cando sae do seu domicilio, pero cando traballa neste, cóbraos máis reducidos, pois supón que xa tiveron que pagarlle aos chamados Bruxo e Bruxa de Cangas que llos envían. A Baralleira ou naipeira. En Cangas foi moi coñecida unha de nome Manuela, alcumada A Barajera, que atendía no barrio do Forte e segundo contan algunhas clientas e clientes, botaba as cartas e mirando como saían, dicíache se tiñas algún fillo maio como o podías curar, se che ía pasar algunha disgracia ou algo así polo estilo... Dunha visita á Barajera ficou o seguinte relato testemuñal: A miña nai contoume xa hai tempo que a miña curmá non paraba de chorar e parecía un micho miañando. Entón unha miña tía foi a xunto da Manuela, que daquela eran moi amigas, e comentoulle o problema que tiña a moza. A Barajera fixo logo os seus aqueles e ao pouco díxolle: Tes que coller un gato vivo, metelo dentro dun saco e entérralo así. Despois de catro días, sácalo de debaixo da terra e pólo enriba do tellado da casa durante sete días seguidos. O certo é que lle fixeron caso e seguiron o consello da Manuela. Dándose o caso de que a miña curmá foi curando a medida que o gato ía secando no tellado, onde estivo ata que apenas quedaba nada del. Non se sabe moito dos poderes da Manuela pero cabe que non utiliza nin o pan nin o viño e só lle saca proveito ás viandas e merendas que teñen por costume levarlle os doentes cando a visitan na procura de remedio para as suas doenzas e males. Ademais de Manuela A Barajera, foron outros moitos os curandeiros e compoñedores que alcanzaron sona nas diferentes parroquias polas suas facultades extraordinarias para remediar diferentes males e doenzas físicas: Entre outros máis, destacaron Juan do Sono de Pedralán; a Sra. Peregrina do Porto; Maximino Bijuelo nas Gruncheiras; O Catalán na Casa do Rio; o Sr. Perfeuto en Rodeira; Rafael "O Bachicha", Pepe "Chiviña" ou "O Portugués" en Darbo; "Marquitos", Pepa "A Pinta" ou Angelina Pazó en San Pedro; a señora Obdulia en Aldán, Emiliano en Vilariño; Juan Costas, Peregrina "A Potra", José "O Canastriños" en Coiro; Maruja "A Xouba" en Síngulis, Antonio "O Carniceiro"... e tantos outros que foron contribuíndo, día a día cos seus remedias a curar xentes e gando, e, ao mesmo tempo, orixinando relatos e fomentando extrañas historias na imaxinación das xentes. Remedios sanatorios usados en Cangas Para curar o Mal deAire, o Enganido e mesmo as hernias debía pasarse ao doente por un carballo fendido da man de dúas Marías. Contra a Decipela tamén chamada dicipla (erisipela) e que afecta só a unha parte localizada, adoitábanse bendicir unhas cruces facendo círculos sobre a parte enferma cunha especie de hisopo e preparados líquidos, dicindo ensalmos e mollando as plumas, ramas de loureiro..., en aceite ou graxa sen sal e mollando unha pluma de galiña que non estea choca, dicindo ao tempo as seguintes palabras:

Plantas e ritos de sanación na medicina popular.
Plantas e ritos de sanación na medicina popular.

-San Xacobo, San Xacobar, A onde vás? -Ao monte Calvar. -Qué vas buscar? -Follas de xar. -Para qué? -Para esta Decipela cortar. Co poder de Deus e da Virxe Maria, un Padre Nuestro e un Ave María. Este ritual debe facerse nove veces ao día, durante tres xornadas seguidas e se no hai reacción positiva ao tratamento, debe ampliarse aos nove días, sendo condición indispensable que, mientras dure o mesmo, non se puede beber viño. Porén, se a Decipela aparece máis xeralizada recibe o nome de Decipelón e o tratamento consiste en facer nove cruces cun rosario sobre a parte enferma, durante tres días, recitando ao mesmo tempo o seguinte ensalmo: Yo te corto, Deciplón maligno; que vaias pra baixo e non veñas pra arriba, un Padre Nuestro e unha Ave María. Que vaias pra baixo e non veñas pra arriba, en donde non oias cantar nin galo, nin gatiña. Pedro Paulo foi a Roma; con Xesucristo encontrou -Pedro Paulo, que hai pola tua terra? -Decipla e deciplón. -Pedro Paulo, recólleos todos para a túa casa. Co poder de Deus e da Virxe María, un Padre Nuestro e unha Ave María. Neste tratamento, o emprego do rosario que substitúe aos hisopos xeralmente utilizados, como fan noutras partes coa navalla ou o coitelo de aceiro, parecendo o ensalmo unha mestura doutros dous ou usándose a primeira parte para un fin determinado e a segunda para outro.

Para o tratamento da Úlcera bótanse nunha cunca branca tres carbóns da lareira, tres areas de sal e auga procedente dunha fonte infernal. Logo, cun ramallo de carrasco mollado nesta mestura, tócase o doente diferentes veces, comezando altemativamente polos pés e a cabeza e rematando sempre na boca, ao que se recitan as verbas seguintes: Estando Lázaro detrás de una peña, vino la Virgen María y le dijo: -Lázaro, qué haces ahí? -Estoy aquí con una Úlcera, Ulcerón, que me está comiendo. -Lázaro, vete a tu casa, coge tres carbones do lar, tres areas de sal, y auga de fonte infernal, dalle polos pés, dalle pola cabeza, para que este mal seque e non remaneza. Co poder de Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e unha Ave María. Así deben facelo tres días calquera e entanto dure o tratamento non poden comer cousa quente. Neste caso non se citan a San Pedro e a San Pablo pero si se menciona a Lázaro pola relación que existe entre a Úlcera e as chagas da Lepra da que é avogado por estar pragado delas cando morreu. Para curar as Abelidas ou Belidas, úlceras da córnea que producen como nubes, o procedemento consiste en botar nove grans de trigo nunha cunca con auga, facendo, unha vez ao día, nove cruces con cada gran sobre o ollo enfermo. Ao devolver os grans á auga vese como vai quedando na mesma a Abelida... Neste caso a oración recitada alude a Santa Lucía, avogada dos males da vista: Milagrosa Santa Lucía tres agujas de plata tenía; con una bordaba, con otra cosía, y con la otra sacaba las Abelidas de los ojos de quien las tenía. Con el poder de Dios y de la Virgen María, un Padre Nuestro y un Ave María.

Para a curación do Herpes, usando dun coitelo ou navalla, fanse cruces sobre a parte enfenna, pronunciando ao tempo a fórmula: Yo te corto, Herpes malino, que vaixes pra baixo, e non veñas pra riba. Yo no soy quien te corto, que es el Padre, el Hijo y el Espíritu Santo. Co poder de Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e un Ave María.